Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Concello de Camariñas acorda ofertar o Centro de Iniciativas para que funcione como Casa do Maior

Centro Iniciativas Camarinas
O Concello de Camariñas acorda ofertar o Centro de Iniciativas para que funcione como Casa do Maior

Dado o bo funcionamento da Casa do Maior de Xaviña, o Concello de Camariñas vén de acordar ofrecer o edficio do Centro de Iniciativas, na rúa Río do Prado, para que funcione como a segunda Casa do Maior do municipio.

Cómpre lembrar que o proxecto das Casas do Maior son como pequenos centros de día, que contan co financiamento da Xunta pero que están xestionados de xeito privado. No caso da Costa da Morte están xestionadas por un proxecto de economía social e cooperativismo de positivo impacto para a comarca.

Deste xeito, o Concello abre as portas a ofrecerse a calquera persoa promotora para xestionar este servizo, e mellorar así a vida de media ducia de maiores.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destacou que “mentres o Centro de Día non sexa unha realidade cremos que é moi importante utilizar os bens municipais para poder ofrecer este servizo á veciñanza” e explicou que “a de Xaviña acaba de nacer e xa está a ter unha gran aceptación polo que agardamos que esta, que conta cun emprazamento inmellorable, tamén sexa un éxito”.

Novas relacionadas

Comentarios