Denuncia “o caos” que supoñen as obras en pleno verán en Camelle e Ponte do Porto
Camariñas está e obras. Este singular 2020 provocou unha serie de retrasos en varias obras de titularidade municipal, este mes de agosto nótase a difícil convivencia entre visitantes e varandas e grúas.
Así o denuncia o Responsable local do BNG de Camariñas, Xurxo M. Rodriguez Baña, que considera que “o concello se convertiu nun caos por unha nefasta planificación das obras en varias parroquias do concello”.
O grupo recoñece que “esas obras viñan sendo necesarias, pero moitas delas teñen retrasos acumulados considerables, como as da ponte de Ponte do Porto ou a rúa Nova en Camelle, e decidiuse executar as obras en plena época estival orixinando moitas complicacións no trafico en Camelle e na Ponte do Porto, deixando unha pésima imaxe de cara o turismo, sector que xa ven padecendo esta grave crise e que isto ven a crearlle máis dificultades ao sector da hostalaría e comercio do noso concello”.
Critican ademais que “a sinalización e moi deficiente”, e sinala que xa houbo persoas que sufriron algún golpe.
Ao tempo lamentan que outras obras non se leven a cabo en zonas precarias como é a pista de Mourín que vai a Reira, ou a pista de Lingunde; ou como o parque infantil de Arou, e o palco da música de Camelle.