Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A EASD Mestre Mateo participará no desfile de ‘ArtEncaixe’ da Mostra

Escola Mestre Mateo na Mostra do Encaixe Camarinas
A EASD Mestre Mateo participará no desfile de ‘ArtEncaixe’ da Mostra

O desfile de ‘ArtEncaixe’ continúa, ano a ano, gañando puxanza, consolidándose e atraendo a artesáns de diferentes puntos de Galicia para demostrar que o encaixe é versatil e pode adaptarse a diferentes materiais. Neste caso, na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña estrearase a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela.

Farano coa participación de 15 alumnos e alumnas do primeiro curso de Xoiería. “Para eles é algo emocionante, poder sacar adiante un proxecto e que o vaia ver tanta xente, porque normalmente o que facemos quédase na aula”, explica a mestra da EASD Mestre Mateo, Ana Seara.

Ana adianta que “presentaremos pezas máis escultóricas, adaptadas ao desfile, moi grandes” e sinala que “xogamos con materiais alternativos e estamos traballando con corte laser e con metacrilato polo que terán moita cor”. “Haberá máscaras, coroas, colares, pendentes...”, afirma.

Para os rapaces e rapazas da EASD Mestre Mateo “foi divertido o proceso de aplicar o encaixe nas súas pezas, supuxo un cambio no que agardaban que íamos a facer na clase e penso que desfrutaron do proxecto”, comentou a profesora.

Máis novas do Encaixe

Comentarios