Venres. 29.03.2024
El tiempo

Modesto Lomba non fallará á súa cita coa Mostra

Modesto Lomba Mostra do Encaixe
Modesto Lomba na Mostra do Encaixe
Modesto Lomba non fallará á súa cita coa Mostra

Non fallará Modesto Lomba á súa cita coa XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, e volverá ser unha das Grandes Firmas de referencia que poñan en valor non só un produto, tamén unha maneira de entender cultura galega e camariñana. Lomba acudirá cunha colección “na que a muller debe adaptarse a un contexto caótico” co seu carácter “ecléctico e libre que a definen”.

O deseñador traballou de maneira artesanal todas as pezas, que están “pensadas para perdurar no tempo, como así o fan as obras de arte”, unha colección premium traballada coa tradición e coidadoso “mimo da palillería de Camariñas”, en verbas do propio Modesto Lomba.

Máis patrocinios

Luis Canosa de Frigoríficos Camariñas coa concelleira e a alcaldesa

A empresa Frigoríficos de Camariñas volverá ser un dos principais patrocinadores da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas. A alcaldesa, Sandra Insua, xunto coa concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, e o director xeral de Frigoríficos de Camariñas, Luis Canosa, definiron as liñas do acordo de colaboración entre ambas entidades.

A entidade organizará unha degustación de pulpo no recinto da Mostra e serán os encargados de entregar o terceiro premio no certame de Noveis Deseñadores.

Máis novas do Encaixe

Comentarios