Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Escola de Camelle celebrou, de forma interxeracional, o seu 50 aniversario

50 anos da Escola de Camelle
A Escola de Camelle celebrou, de forma interxeracional, o seu 50 aniversario

Fermoso e emotivo o acto de celebración do 50 aniversario da Escola de Camelle. Un deses exemplos de todo o que implica o ensino no rural, de todo o que simbolizan estas pequenas escolas. Cercanía, familiaridade, raíces… Unha aprendizaxe en valores que enche de orgullo a quen alí estudou, como o demostra a pegada de “Eu estiven na Escola de Camelle” que deixaron esta fin semana ducias de veciñ@s da vila de todas as idades.

Porque foi todo un evento interxeracional, no que participaron dende os primeiros alumnos, nados entre o 1960-64, ata os máis noviños, nados no 2018, para compartir unha xornada festiva. Pais, avós, nen@s, tíos, sobriños… todos os que pasaron pola escola de Camelle

Durante toda a tarde, mentres os máis maiores lembraban historietas de mestres, cafradas, anécdotas… os peques disfrutaban cos inchables.

Ás 20:00h, os nen@s da Escola de Teatro interpretaron a “Canción do Pirata” de Espronceda. De aí, marcharon en comitiva ata a Escola, para escoitar o sentido discurso de Digna Rodríguez, presi da ANPA, e da Alcaldesa Sandra Insua, que descubriron a placa “Escola de Camelle 1970”, antes da pegada de sinaturas.

Eu estiven na Escola de Camelle

Xa eran as 22:30h, e chegou o gran evento. As mulleres da vila reinterpretaron a Palillada nun evento que saíu espectacular. Era a primeira parte que realizaron o pasado mes de outubro co gallo do programa do City of Agra, para poñer a xente en momento de cara á 2ª parte, que se interpretará este mes de xullo de novo co gallo do programa cultural máis grande de Galicia que se fai arredor dun naufraxio, e que involucra a todo o pobo de Camelle e Arou.

Palillada na Escola de Camelle
As mulleres da Palillada

Novas relacionadas

Comentarios