O Faro Vilán volve abrir as súas portas pola determinación da Asociación de Empresarios
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas volve abrir o faro de Cabo Vilán o próximo 1 de xullo. Xa son 8 anos nos que o Faro poderá ser un dos centros turísticos de interese da comarca, gracias á xestión da entidade, que sende 2018 recibe unha axuda da Deputación.
A sala de exposicións (este mes cunha nova mostra de pintura e escultura da autora María del Carmen Sendón), a oficina de turismo e a cafetería-tenda estará esperando aos visitantes disfrutar do edificio tan emblématico e único da Costa da Morte.
Este verán o aforo estará limitado e haberá un recorrido da visita en sentido único, obrigatoriedade do uso da máscara.
O horario será reducido e estará aberto de 11:00h a 19:00h de martes a domingo. Os últimos 300 metros de acceso ao Faro fanse a pé.