A Federación de ANPAS involucra aos Concellos na loita por un transporte escolar digno
A Federación de ANPAS Costa da Morte continúa a súa campaña para dignificar o transporte escolar e alonxalo das trampas do tranporte integrado. Estas semanas están tendo reunións con rexedoras e rexedores da comarca, como esta da imaxe en Camariñas, e en xaneiro terán unha reunión en Fisterra coa alcaldesa e a Xefratura territorial de Mobilidade.
En Camariñas, a alcaldesa e o concelleiro de Educación comprometéronse a trasladarlle estas demandas remitiranse á Consellería de Mobilidade e á Xefatura territorial de Educación para que tome medidas.
Os que van ao instituto de Cee solicitan que se habilite un transporte en horario de tarde para que os estudantes poidan volver a Camariñas en bus; os dos institutos de Baio e Ponteceso que se habilite unha liña de bus desde Camariñas ata estes municipios xa que actualmente non existe e teñen que ir nos seus vehículos particulares; e os que van ao instituto de Vimianzo solicitan que a Consellería asuma custo do bus que usan agora; posto polas familias, para así estar en igualdade cos que usan a tarxeta xente xoven.
NOVAS RELACIONADAS
- As continuas problemáticas das familias de Carnota cos buses escolares.
- A falta de transporte e o caótico servizo da atención primaria na Costa da Morte.
- Denuncian que o bus de Fisterra a Santiago cando vai cheo non fai máis paradas.
- 2021: As familias de Carnota tamén teñen problemas no transporte para ir aos IES de Muros e Cee.
- Familias de Outes e Muros reclaman a adaptación das liñas de autobús aos horarios dos Institutos de Noia.