Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As familias de Carnota tamén teñen problemas no transporte para ir aos IES de Muros e Cee

  • “A Xunta desenténdese ao completo do transporte na educación non obrigatoria”.
monbus cole muros
As familias de Carnota tamén teñen problemas no transporte para ir aos IES de Muros e Cee

Xa escoitamos as queixas das familias de Outes e Muros para que os seus nen@s poidan acodir, a tempo, aos IES de Noia. Pero é que a problemática, viva dende hai moitos anos pero acentuada dende a posta en marcha do chamado “transporte integrado” é cada vez máis complexa.

O gran problema é porque “a Xunta se desentende ao completo do transporte para a educación non obrigatoria”, recoñece o propio alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, que tamén sofre as consecuencias. “De feito, teño que levar á filla todos os días ata o Ancoradoiro, uns 4 km, para que colla o bus no Ancoradoiro. Pero isto foi porque dende o Concello conseguimos sacar unha solución coa empresa concesionaria, que ata hai 15 días tíñaa que levar ata Muros, porque a Xunta non move un dedo”, denuncia.

A realidade é tan ridícula, que o transporte escolar só ten obrigación de cubrir o mesmo concello onde está o centro. Por iso, o bus escolar dos CEIP e IES muradáns non chega ata Carnota, e deste xeito todas as familias de Carnota teñen que levar aos seus fillos á parada ao Ancoradoiro, no límite municipal entre Muros e Carnota. Aí esperan á intemperie polo bus.

Polo norte pasa o mesmo, neste caso cos IES de Cee. Os horarios a liña Muros-Cee non se axusta coas necesidades do alumnado, que ten que esperar ás veces máis de media hora na parada ou no centro. Algunhas usan o bus escolar que dende hai pouco xa se acerca ata o Pindo, malia que a súa obriga vale con chegar ata o Ézaro.

Os microbuses, a solución

Son moitas as queixas das familias que chegan ao Concello. Para o alcalde carnotán a única solución sería unha flota de microbuses, para que vaian cada centro co alumnado separado. “A Xunta tería que poñer nos pregos das licitación un punto no que obrigue ás empresas a ter unha flota de microbuses”, ao tempo que aumenta as contías para mellorar as condicións duns condutor@s cada día máis esixidos.

Novas relacionadas

Comentarios