Luns. 29.04.2024
El tiempo

As continuas problemáticas das familias de Carnota cos buses escolares

Bus de Monbus coa porta aberta
Un dos buses chegou a saír cunha porta estroupeada
As continuas problemáticas das familias de Carnota cos buses escolares

Cada ano, a cantidade de problemas arredor do máis que precario servizo público (máis ben colectivo) de autobuses na Costa da Morte aumenta. O transporte escolar, trala polémica instalación do Transporte Integrado que permite dende 2020 unir as lias regulares coas escolares, é un perfecto exemplo.

Pola zona sur da bisbarra sófreno a diario, con deficiencias tremendas que raian o delito por parte da empresa concesionaria, Monbús, foco continuo de críticas. Son frecuentes as veces que a rapazada carnotá que ten que ir ao Instituto de Cee non poden coller o bus porque vai cheo, ou porque non pasa á hora.

Desa situación xa falaremos polo miúdo, pero hoxe nos centramos no Colexio de Carnota, onde a casuística é variada. O centro ten 3 rutas (por Lira, Lariño e Sanmamede), e seben os luns si hai 3 buses para ida e volta; o resto dos días só saen 2 máis unha furgoneta. A empresa xunta a rapazada de Lariño e Lira e os que sobran métenos nun furgón.
Segundo lle sinalaron a varias familias, a avaría dun bus hai arredor dun mes puido provocar esta medida que está pasando de temporal a fixa.

Houbo un día no que un dos autobuses viaxou cunha porta aberta, directamente, por mor doutra avaría.

”Pode unha empresa multinacional como Monbús cunha concesión tan importante, depender dunha avaría para deixar de ofrecer un servizo de transporte digno?” pregúnranse as familias.

Conto todo, dende a denuncia pública realizada en QPC en 2021, a empresa mantén contacto directo coa ANPA, intentando explicar as circunstancias, e buscando solucións ás problemáticas que van xurdindo. Unhas solucións que se cadra non convencen a todas as familias.

(Continuará...)

Novas relacionadas

Comentarios