As familias de Cee saíron xa á rúa por un "Transporte digno no ensino público"

20:47 27/11/23
Xa está ben de aturar o imperdoable. Seguramente ata o prohibido, como é ter que ir ao cole de pé nun autobús. As familias de Cee decidían saír á rúa para esixir un transporte escolar digno, e esta tarde de luns comezaron as mobilizacións instigadas dende a ANPA dos Institutos.
Cunha pancarta de Tranporte Público no ensino público, e arengas como “Seguridade para todos, trasporte digno xa”, ducias de familias cortaron a Avenda Fernando Blanco a altura do cruce dos institutos.
Avisan que cada luns continuarán coas mobilizacións ata que atendan as necesidades de transporte do alumnado. Unhas esixencias que debullábamos as semanas pasadas, porque “unha empresa de transporte non pode estar por riba do dereito dun neno a formarse”.
NOVAS RELACIONADAS
- As continuas problemáticas das familias de Carnota cos buses escolares.
- A falta de transporte e o caótico servizo da atención primaria na Costa da Morte.
- Denuncian que o bus de Fisterra a Santiago cando vai cheo non fai máis paradas.
- 2021: As familias de Carnota tamén teñen problemas no transporte para ir aos IES de Muros e Cee.
- Familias de Outes e Muros reclaman a adaptación das liñas de autobús aos horarios dos Institutos de Noia.