Familias de Outes e Muros reclaman a adaptación das liñas de autobús aos horarios dos Institutos de Noia

Pero non sempre cadran ben, como pasa de camiño ao IES Campo de San Alberto e IES Virxe do Mar de Noia. As liñas de autobús do transporte discreacional non se adaptan as entradas e saídas de ningún dos centros, provocando que na mellor das opcións o alumnado chegaría ás 7:50h cando o horario lectivo comeza ás 8:40h. Unha hora tamén terían que esperar á saída.
Por se fóra pouco, “Estes horarios non permiten a aplicación da Tarxeta Xente Nova para o transporte gratuíto para mozos menores de 21 anos”, explican as familias, polo que “temos que contratar un servizo de liña discrecional que supón un gasto para as familias de 60€ ao mes. Esta liña só chega á entrada de Esteiro, polo que no resto do Concello de Muros non se cubre esta demanda e complica o desprazamento do alumnado para acudir a FP que se imparte en Noia”, explican.
”A Consellería ten que solucionar esta situación, unha vez temos o apoio dos Concellos de Outes como de Muros”. Por iso piden mover uns 20 minutos algunha das liñas mentres continúan cunha colleita de sinaturas.