A Feira Náutica de Camariñas presenta o cartel e abre o prazo de inscrición para empresas e entidades
O Club Náutico de Camariñas, como entidade organizadora da III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019) que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño, vén de presentar o cartel oficial desta 3ª edición e que levará o lema de “Paixón de mar”.
Unha feira que abre tamén as súas portas aos centros de ensino de toda a Costa da Morte, ás que xa lle enviaron unha invitación para que poidan asistir os rapaces e rapazas o venres a inagururación e a unhas actividades especiais dirixidas a eles para ese 14 de xuño.
Aproveita para abrir o prazo para que os Concellos, entidades e as empresas dos sectores relacionados co mar e a náutica en todas as súas vertientes (profesional, deportiva, ocio,etc.) e con apartado especial tamén para o turismo tamén en todas as súas posibilidades, poidan inscribirse para esta 3a edición da FENAUCAM 2019 e onde haberá más espazo baixo carpa, así como zona especial infantil con piscina portátil para bautismos de mar a cargo de empresas de buceo da Costa da Morte.
Incluirase ademais na zona de stands, apartado especial para o mundo da artesanía da Costa da Morte. Xa están confirmados a asistencia de varios concellos ademáis de Camariñas, xunto coa Deputación da Coruña e a Consellería do Mar así como a Fundación Exponav e a Fundación Titanic e tamén pendentes de pechar a participación de grandes firmas deportivas relacionadas coa náutica. Nesta 3a edición a zona de exposicións será de máis impacto que o ano pasado, con exposicións de pintura (Faros de Galicia), exposicións de fotografía e do arquivo fotográfico Vidal do Museo do Mar de Laxe, xunto con máis de 40 maquetas navais de Amonaga e as maquetas navais de gran tamaño da Fundación Exponav, e que se suman a exposición da Real Liga Naval Española, medios de comunicación, Museo do Mar de Noia, exposición de pezas náuticas, paneles expositivos de naufraxios, etc.
Na zona de conferencias e proxeccións, terán lugar ao longo dos tres días da FENAUCAM 2019, charlas sobre temas relacionados co mundo do mar e a náutica, presentacións literarias, mesa redonda con temas de actualidade sobre turismo na Costa da Morte, proxeccións con documentais sobre Titanic, Serpent e outros de gran interese que se van a incorporar a programación, así como o nomeamento especial de embaixadores do Club Náutico de Camariñas en distintas cidades e capitais.
Salvamento Marítimo estará cun espectacular dispositivo de simulacro con helicóptero incluido, e onde os visitantes poderan visitar a lancha Salvamar Altair nos pantaláns do Club Náutico de Camariñas.
Tamén haberá tempo para o deporte, con regatas de vela e Kayak para os máis pequenos/as, e un apartado especial para o equipo de Xadrez Náutico Camariñas onde os visitantes poderan xogar frente aos seus xogadores e gañar algúns regalos especiais.
A Feira contará cunha zona exterior para exposición de embarcacións novas e nos pantaláns estarán ubicadas as embarcacións de 2a man que se encontran a venta.
Todas as empresas e entidades, así como Concellos que estén interesados en acudir a FENAUCAM 2019, poden poñerse en contacto a través do correo : [email protected] ou ben o móbil: 618 950557.
Novas relacionadas
- Febreiro 19: A Feira Náutica de Camariñas abre ás portas aos centros de ensino.
- Xaneiro 2019: O Xadrez Náutico de Camariñas segue medrando.
- Xuño 18: A Feira Náutica de Camariñas protagoniza un gran crecemento na súa segunda edición.
- Setembro 17: O CN de Camariñas valora o éxito da I Feira Náutica e xa ten data para a cita 2018.