Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Ferido tras un accidente entre un tractor e unha furgoneta na Ponte do Porto

Bombeiros de Cee accidente ponte do porto
Ferido tras un accidente entre un tractor e unha furgoneta na Ponte do Porto

Esta mañá de luns 9 de maio, arredor das 8:00h, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil, Protección de Camariñas e a Policía Local tiveron que achegarse ata a estrada AC-432, preto da Ponte do Porto por un accidente sufrido entre un tractor e unha furgoneta Mercedes Vito.

O ocupante do tractor tivo que ser atendido na ambulancia para posterior traslado ao hospital e o da furgoneta estaba ileso.

A colisión provocou que os dous vehículos ocupasen case toda a estrada polo que o guindastre tivo que retirar os vehículos e os Bombeiros limpar a estrada.

Comentarios