Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os gañadores do Concurso das Letras Galegas de Camariñas

Ganadores do Concurso das Letras Galegas de Camarinas
Os gañadores do Concurso das Letras Galegas de Camariñas

Moito prestan estes certames literarios arredor das Letras Galegas. Este ano, por Camariñas fixeron coincidir a entrega co 17 de maio, día das Letras Galegas, nun concurso participaron os alumnos e alumnas de todos os colexios do municipio.Repartíronse máis de 700 euros ao alumnado galardoado nas diferentes categorías no acto que tivo lugar hoxe, venres 17 de maio.

A Tropa do Doutor Milagre, de Inventi Teatro, foron os encargados de presentar a gala, ao mesmo tempo que a amenizaron cun espectáculo de música, improvisación, xogo e baile.

Debido ao alto nivel das obras presentadas houbo 5 premios accésit nas categorías C, D, E e F. Repartíronse máis de 700 euros en premios.

Lista de gañadores e gañadoras:

ACCÉSIT F2 (poesía) Xusticia de Ainara Pasantes Vila
ACCÉSIT E2 (poesía) A porta de Laura Sar Mouzo
ACCÉSIT D2 (poesía) Os gaiteiros de Saray Martínez Insua
ACCÉSIT C2 (poesía) O abanico de cores de Iria Vidal Rodríguez
ACCÉSIT C1 (prosa) A muller dos trapos de Lía Bermúdez Castro
CATEGORÍA F2 (poesía) Un grolo Iago de Xosé Brión Vecino
CATEGORÍA F1 (prosa) Cinco minutos Erika Blanco Novegil
CATEGORÍA E2 (poesía) Non o ves de El Moussaoui, Achraf
CATEGORÍA E1 (prosa) O pociño de Laura Sar Mouzo
CATEGORÍA D2 (poesía) E que máis de Elena Formoso Barrientos
CATEGORÍA D1 (prosa) O paraugas máxico de Saray Caamaño Méndez
CATEGORÍA C2 (poesía) Santa Mariña de Celia Brión Vecino
CATEGORÍA C1 (prosa) As aventuras de Frank Antón Campos Caramés
CATEGORÍA B2 (poesía) Un neno de Camariñas de Leo Suárez López
ATEGORÍA B1 (prosa) A sardiña Carmiña, de Aitor Carril Mouzo
CATEGORÍA A: Os nosos pareados (CEIP Ponte do Porto)
 
 

Novas das Letras Galegas

Comentarios