Gándara rexistrou un incendio na tarde de onte
10:24 12/08/11
A parroquia de Gándara, en Zas, rexistrou na xornada de onte, xoves 11 de agosto, un pequeno incendio.
O suceso acontecía a uns cen metros das casas, no lugar de Vilar Ramiro. Ata alí achegáronse dúas motobombas e outras tantas cuadrillas do SEAGA. Tamén estivo no lugar un axente forestal e unha patrulla da Garda Civil.
Os propios veciños da zona tentaron controlar o lume, foron quen de conseguilo antes de que chegaran os efectivos de emerxencias. O lume produciuse nunha prantación de eucaliptos.
Outro incendio en Camariñas
No concello de Camariñas tamén se produciu un incendio onte. Foi no Cabanal, entre as parroquias de Camelle e Arou. O lume xurdiu arredor das 11:00h da mañá.
Novas relacionadas
- A política por diante do lume.
- 30-06-11: O lume que arrasou Cabana por mor dos fogos de artificio.
- 29-06-11: Novos lumes en Cabana, Ponteceso e Fisterra.
- 28-06-11: O lume da praia da Langosteira cóbrase un detido.
- 21-06-11: O lume chega á Costa.
- 05-05-11: Primeiras detencións na Costa por sendos incendios en Cabana e Muxía.
- 27-09-10: Unha muller detida en Muxía como suposta autora de 3 incendios.
- 02-08-10: Arde a Costa da Morte.
- 31-08-10: As lapas cercan o Faro Fisterra .
Fonte
- Informacións facilitadas por Xusto Gómez.