Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O goberno de Camariñas saca adiante os Orzamentos coa abstención do BNG e os votos en contra do PP

Concello_de_Camariñas
O goberno de Camariñas saca adiante os Orzamentos coa abstención do BNG e os votos en contra do PP

Celebraba onte o Concello de Camariñas o pleno dos orzamentos de 2019. E a corporación sacaba adiante o proxecto orzamentario cos votos a favor do grupo de goberno, o PSOE, coa abstención do BNG e os votos en contra do PP.

Un orzamento de case 5 millóns de euros, lixeiramente inferior ao do curso pasado, debido á que recadación do pasado 208 foi maior pola revisión catastral, a través da que se cobrou o padrón dos catro exercicios anteriores.

O goberno considera comprobada a súa aposta polos servizos sociais, pasando de 485.891 euros en 2017 aos 597.865 euros para 2019. Neste eido refórzase principalmente o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

A partida da Mostra do Encaixe mantense a pesar das críticas da oposición, así como a partida destinada ás axudas municipais para os diferentes colectivos do municipio: subvencións deportivas ou escolares celebración das festas populares…

O goberno destinará preto de 600.000 euros a investimentos, con actuacións salientables como o plan de mellora de camiños municipais (lugar de Mollados en Xaviña), a reurbanización de Río do Cura e da rúa Sixto en Ponte do Porto, a reordenación da praza de San Xurxo, a renovación da rede municipal de abastecemento ou a creación dunha aula expositiva no Museo do Encaixe.

Ademais, o orzamento para 2019 tamén inclúe unha partida para continuar a reducir a débeda municipal, que ascende actualmente a 1.183.000 euros. Desta cantidade só 497.000 euros corresponde á débeda coas entidades bancarias, mentres que a restante provén do uso dos fondos do plan PAI da Deputación da Coruña, que ten interese cero.

Comentarios