Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Mantense a prealerta por seca nas bacias do Anllóns e Grande

Mapa do estado hidroloxico galicia setembro 2023 na demarcación Galicia-Costa
Mapa do estado hidrolóxico de Galicia-Costa neste mes de setembro
Mantense a prealerta por seca nas bacias do Anllóns e Grande

Segue afectando a seca persistente na Costa da Morte. Pese ás chuvias dos últimos días (as de agosto entraron dentro da normalidade, se ben nas comarcas do norte da Coruña e Lugo quedaron por debaixo dos valores medios), a Oficina Técnica da Seca da Xunta vén de manter a prealerta por escaseza moderada de auga en varios sistemas, entre os que atopamos os do Río Anllóns (que afecta á comarca de Bergantiños), como a do río Grande, que afecta á comarca de Soneira. Tamén se mantén o nivel de prealerta nos sistemas do río Lérez en Pontevedra, do río Mero, en Arteixo e na Ría da Coruña.

A situación do resto dos sistemas de abastecemento da demarcación de competencia autonómica, presenta niveis de normalidade, xa que a ocupación actual dos encoros é do 69,59%, 3,4 puntos por riba da ocupación do mesmo período en 2022.

O Goberno galego reitera a necesidade de levar a cabo un consumo responsable da auga, evitando malgastala a través da restrición de regas, a limitación do enchido de piscinas ou a reutilización sempre que sexa posible.

Comentarios