O Museo dos Naufraxios na Lonxa Vella de Camariñas xa ten forma

Máis de 2 anos dende que o Concello de Camariñas comezase a mover o proxecto de convertir a Lonxa Vella nun gran museo do mar e dos naufraxios. Paseniño, pero o proxecto vai avanzando. Así o explicaba hoxe a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro, tras unha reunión mantida co secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia ao que lle propuxeron a formalización dun convenio de musealización do futuro Museo dos Naufraxios.
A resposta foi positiva e Anxo Lorenzo comprometeuse a estudar esta colaboración.
O proxecto xa está en marcha, O Concello xa ten a idea dunha reforma exterior do edificio da Lonxa Vella que xa se comprometeu a desenvolver a Deputación da Coruña.
Sandra Insua agradece a colaboración de todas as institucións “neste ambicioso proxecto que permitirá que Camariñas conte co primeiro Museo dos Naufraxios de Galicia, poñendo en valor parte da historia de Camariñas e dándolle uso e funcionalidade a un edificio que agora se atopa en moi mal estado”.
NOVAS RELACIONADAS
- Setembro 21: A Deputación confirma o seu “total apoio” ao Museo dos Naufraxios de Camariñas.
- Maio 21: A transformación da Lonxa Vella de Camariñas no Museo dos Naufraxios colle músculo financieiro.
- 09-20: O proxecto de creación do Museo dos Naufraxios na Lonxa de Camariñas avanza.
- Xaneiro 2020: O Concello de Camariñas esixe a cesión da Lonxa Vella por parte da Xunta para albergar o Museo do Mar.
- 32 anos solicitando un Centro de Investigación de Arqueoloxía Subacuática.