Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novais expón as súas pinturas no Faro Vilán

Novais expón as súas pinturas no Faro Vilán
Exposicion de pinturas de Novais no Faro Vilan

Continúan reivindicándose os faros como lugares de cultura. Se a pasada semana o Faro Vilán acolleu unha exposición sobre navegación, esta vindeira tanto o faro camariñán como o de Fisterra terán novas ofertas culturais.

No Faro Fisterra terá lugar a presentación dunha novela, mentres que o do Vilán aposta de novo, da man da Asociación de empresarios e de promoción turística de Camariñas, polas exposición.

Desta volta, dende hoxe 22 de marzo ata o 30 de abril, ábrese ó público a exposición de pinturas "Ventos de Cor" da autora nacida no Concello de Camariñas "Novais".

A entrada e gratuita en horario: de mércores a domingo de 11.00 14.00 e de 16.00 a 20.00. E durante a Semana Santa (en plena avalancha ca Mostra do Encaixe) estará aberta tódolos días de luns a domingo, e de xoves a domingo horario continuo de 11.00 20.00 horas.

Proxección de fotografías

Ademais, do 25 ao 31 de marzo, moitas das fotografías que participaron ao través de Facebook ou Instagram no concurso "Camariñas, Toda la Mar" proxectaranse continuadamente no edificio do Faro Vilán nunha pantalla de 50”.

  • Horario: 11 a 20:00horas (25, 26 e 26 pecha de 14:00 a 16:00h)

Novas relacionadas

Fonte

  • Asociación de empresarios e de promoción turística de Camariñas.

Comentarios