Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os novos asadores de Ariño están listos para o verán

Area recreativa de Arino
Os novos asadores de Ariño están listos para o verán

Así quedaron os novos asadores da área recreativa de Ariño, unha área “única na comarca” para o Concello de Camariñas. “A espectacular contorna na que están situados e o tipo de asadores que se instalaron permiten que contemos cun merendeiro inigualable”, destaca Sandra Insua.

A Consellería de Medio Rural autorizou á administración local a empregar lume nesta contorna en época de alto risco, logo de achegar un proxecto técnico que avala a seguridade do procedemento. Deste xeito, poderanse utilizar no verán sempre e cando o índice de risco de incendio non sexa extremo.

Comentarios