Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG presenta 14 enmendas para a Costa da Morte aos Orzamentos da Xunta

O BNG presenta 14 enmendas para a Costa da Morte aos Orzamentos da Xunta
César Pérez, Serxio Domínguez e Mini, do BNG Costa da Morte César Pérez, Serxio Domínguez e Mini, do BNG Costa da Morte serxio-e-mini-do-bng-copia Despois da valoración dos Orzamentos propostos pola Xunta para este 2017 por parte do PSOE de Bergantiños, do BNG costeiro, e do propio PP chega o tempo das modificacións. O primeiro en propoñer enmendas é o BNG da Costa da Morte, que vén de elevar, a través do seu grupo parlamentar 14 emendas para que sexan incluídas pola Xunta de Galiza coma investimentos reais para o ano 2017. O BNG considera que os orzamentos da Xunta “volven esquecer” á comarca pois carecen de investimentos reais, e culpa da perda de poboación á falta de políticas activas. Piden un “plan de choque para a creación de postos de traballo que revertan a situación, un afortalamento dos sectores primarios, sempre en decadencia, e unha aposta pola industrialización da zona”, facendo referencia concreta á petición dun “estudo técnico, para a defensa da non segregación das centrais hidroeléctricas do río Xallas”. O remate da autovía Costa da Morte até Cee ou a baixada dos prezos dos polígonos industriais de Cee e Vimianzo, pasan por ser imprescindibles como o primeiro paso dese ansiado plan. As emendas presentadas polo BNG para a Costa da Morte son: Fisterra: - Posta en marcha do Plan Director do Monte do Cabo: 500.000 euros. ⁃ Restauración e Conservación da fachada da Capela do Bo suceso e restauración do Retablo da Igrexa de Santa María das Areas: 200.000 euros. ⁃ Novo Centro Saúde: 1.000.000 euros. ⁃ Reapertura do centro de expedición de mariscos lonxa e promoción dos produtos da lonxa de Fisterra: 150.000 euros. ⁃ Mellora da estación de bombeo e dos colectores da rede de saneamento de Sardiñeiro a Fisterra. Actuación a incluir dentro do capítulo económico previsto na lei de orzamentos*. ⁃ Dotación e acondicionamento da travesía AC-455 na recta da Anchoa*. Corcubión: ⁃ Plan de rexeneración integral da ría: 1.000.000 euros. ⁃ Dotación de recursos e equipamentos centro de día: 50.000 euros. Cee: ⁃ Dotación de materiais e equipamentos no Hospital Comarcal: 500.000 euros. ⁃ Dotación de recursos humanos no Hospital Comarcal: 500.000 euros. ⁃ Dotación de sistemas para a operatividade do heliporto de Ruibo. 600.000 euros ⁃ Variante de aceso ao peirao de Brens. 1.000.000 euros.⁃ Construción dunha base de loita contra a contaminación mariña, e equipamento da mesma, no peirao de Brens. 500.000 euros. ⁃ Dotación e acondicionamento das estradas 550 (avenida Fisterra) e 552(avda. Fernando Blanco) aos seu paso por Cee*. ⁃ Ampliación da EDAR de CEE*. Muxía: ⁃ Elaboración Plan Director do Cabo Touriñán: 300.000 euros. ⁃ Mellora da rede de saneamento no rural* Camariñas: - Mellora da rede de saneamento no rural* As enmendas para saenamento e mellora da seguridade nas estradas teñen un valor de 3 millóns de euros, sumados aos 6,3 millóns das outras propostas.  

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG.

Comentarios