O BNG presenta 16 enmendas aos orzamentos da Xunta que consolidan a marxinación da Costa da Morte
Paco Jorquera e o fisterrán Xan Carlos Sar, candidato de "Nós, candidatura galega" na lista ao congreso como segundo suplente, presentaron o pasado venres as enmendas que o BNG presentou aos orzamentos da Xunta relativos á Costa da Morte. A Autovía volve ser a gran protagonsita, pero outras infraestruturas moi solicitadas como o contradique do porto de Fisterra, o centro de saúde fisterrán, o saneamento das rías de Corcubión e de Camariñas, e outras moitas cousas volven ser esquecidas nos números da Xunta.
Jorquera denuncia os continuos recortes: “A Xunta presume duns orzamentos expansivos porque o gasto se incremena en 365 millóns, cando durante todo "o periodo Feijóo" os recortes ascenderon aos 10.000 millóns de euros. No que respecta á nosa bisbarra, Jorquera considera que "son os orzamentos da consolidación da marxinación Costa da Morte".
Sar presentou as enmendas que van mais aló dos 13 millóns de euros e que pasan por ser "imprescindibles para o despegue inicial da Costa da Morte":
- 1. Contradique de abrigo Porto Fisterra.
- 2. Seguridade viaria, acondicionamento e dotación Servizos da travesía da estrada AC-455, ao seu paso pola recta da Anchoa, na entrada de Fisterra.
- 3. Construción do centro de saúde de Fisterra.
- 4. Posta en marcha do Plan Director do Cabo Fisterra.
- 5. Reparación, mellora e mantemento dos centros escolares de Fisterra.
- 6. Mellora das estacións de bombeo e colectores da rede de saneamento de Fisterra.
- 7. Mellora saneamento depuración das aldeas que faltan para acadar a plena depuración das augas en Camariñas.
- 8. Ampliación e mellora da EDAR de Cée-Corcubión.
- 9. Seguridade viaria, acondicionamiento e dotación servizos da travesía da estrada AC-552 (avd. Fisterra) e da AC 550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cée.
- 10. Dotación material Hospital Cee e dotación persoal Hospital Cee.
- 11. Dotación sistemas para operatividad heliporto Ruibo.
- 12. Dotación Porto de BRENS de base e equipamento de loita contra a contaminación mariña.
- 13. Variante acceso Porto de Brens.
- 14. Saneamento integral ría Corcubión
- 15. Dotación equipamento Centro de día de Corcubión.
- 16. Ampliación e mellora da rede de auga potable e saneamento no rural en Muxía.
Fonte
- BNG Costa da Morte.