Mércores. 03.03.2021
El tiempo

O Cabo Vilán, o gaélico Cabo das Gaivotas

O Cabo Vilán, o gaélico Cabo das Gaivotas
As gaivotas poden darlle o nome ao Cabo Vilan

Seguimos descubrindo da man do Proxecto Gaelaico hipóteses sobre os nosos topónimos. Xa ollamos as raíces celtas do nome de Cee e do Monte Pindo, e hoxe viaxamos ata Camariñas para ver de onde podería vir o nome do Cabo Vilán.

I é que o fantástico espazo natural camariñán ten un singular ‘habitante’ que o fai pouco común e característico. Falamos da gaivota tridáctila (Rissa tridactyla), coñecida porque na Península Ibérica só nidifica, desde antigo, nas Illas Sisargas e máis en Cabo Vilán.

Así, os lingüistas de Progael, buscando as posibles orixes do Vilán, caeron nesta circunstancia, e acabaron concluíndo que o nome do lugar podería vir do vocábulo gaélico irlandés ‘bhfaoileán’ que se pronuncia /vuila:n/ e que significa, precisamente, gaivota. Deste xeito, Cabo Vilán sería a evolución dun topónimo híbrido que significaría Cabo das Gaivotas.
A palabra galega vilán, a portuguesa vilão e a castelá villano proceden do baixo latín villanus, e este do latín villa, casa de campo, co significado “veciño ou habitante de condición humilde dunha vila ou aldea”. Non en tanto, co tempo adquiriron os significados rústico, descortés, ruín, indigno ou indecoroso. Esta definición de vilán, que é certa, non encaixa á hora de darlle nome ao lugar de Cabo Vilán. Aínda que moitas tradúcese ao castelán como Cabo Villano, difícilmente un cabo pode ser ruín, ou indigno.

Así e todo, Cabo Vilán sería un topónimo híbrido, xa que a forma gaélico-irlandesa correcta probablemente sería Ros na bhFaoileán, Cabo das Gaivotas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios