Sábado. 26.09.2020
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016

O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
concentracion-do-23-12-16-diante-da-fabrica-de-brens-de-ferroatlantica Imaxe da concentración do pasado venres ás portas da fábrica de Brens-Foto-Juan Louro concentracion

Péchase un convulso 2016, e péchase en clave de loita social. Este venres 30 de decembro o Comité de Empresa de Ferroatlántica anima a toda a bisbarra a volver a participar na última das tres concentracións convocadas neste mes de decembro. Unha cita que será ás 18:30 horas diante da fábrica de Brens.

Unha cita que servirá para facer balance do vivido neste último ano. Comezaba a preocupación aló polo mes de febreiro, pero non foi ata o mes de outubro cando as cousas saltaron polos aires. Levamos xa tres meses de denuncias públicas, encerros, manifestacións e mesmo andainas, para esixir que a meirande factoría da bisbarra, a que xenera o 25% do PIB comarcal manteña o seu compromiso laboral.

Para que escoiten a voz da comarca, cómpre saír á rúa. E hoxe temos unha boa ocasión.

Nova folla de ruta

Así, este mesmo venres haberá reunión do Comité para elaborar unha nova folla de ruta, que seguramente será ratificada pola tarde nas asembleas das fábricas de Dumbría e de Brens, xusto antes da concentración ás portas da factoría ceense.

 

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

comentarios