Venres. 26.04.2024
El tiempo

O concello de Camariñas concede axudas para a reforma de baños

O concello de Camariñas concede axudas para a reforma de baños
O concello de Camariñas vén de aprobar unhas axudas destinadas aos veciños e veciñas do municipio para a reforma dos cuartos de baños nas súas vivendas e a sustitución de bañeiras por un prato de ducha. As axudas están dirixidas a persoas dependentes maiores de 65 anos ou cunha discapacidade superior ao 33%. En total concederá nove axudas de 900 euros cada unha e para a adxudicación seguirase a orde das rendas máis baixas. Os interesadas poderán dirixirse ao departameto de Servizos Sociais do concello onde deberán acreditar os requisitos esixidos ademais de presentar a declaración da renda do 2015 ou o xustifintes correspondente en caso de non realizada, certificado de empadroamento, DNI e xustificante da pensión que perciban. O prazo para realizar as solicitudes remata o vindeiro 13 de decembro. Fonte

Comentarios