Mércores. 18.09.2024
El tiempo

O Conselleiro de Industria ratifica o apoio da Xunta aos traballadores de Ferroaltántica

O Conselleiro de Industria ratifica o apoio da Xunta aos traballadores de Ferroaltántica
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse cos representantes dos traballadores das plantas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse cos representantes dos traballadores das plantas de Ferroatlántica de Cee e Dumbría

Parece que si, que a primeira batalla foi gañada pola mobilización social. Aínda queda moita guerra, pero así o ratificou o Comité despois da reunión reunión co Conselleiro de Industria celebrada este pasado luns ás 13:00h. "Confirmounos a postura de garantizar os termos das concesións e da non segregación, e que a Xunta velará polos postos de traballo posicionándose do noso lado nesta loita. Nós pedimoslle que o igual que faremos nós, lle esixa a empresa que desista na intención da venda dunha vez por todas", explican dende o Comité.

Un Comité que ratifica así o abandono do encerro no Concello ceense e das mobilizacións diarias. Un Comité que agradece a colaboración da cidadanía e que seguirá alerta de calquera movemento por parte da empresa.

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

Comentarios