Sábado. 06.06.2020
El tiempo

O CPI Cabo da Area tamén protesta os recortes mentres na Ponte critican o seu parche

O CPI Cabo da Area tamén protesta os recortes mentres na Ponte critican o seu parche
Vixia nocturna en Laxe contra a LOMCE-Foto-Jose Manuel Ojen

Temos que volver á Ponte do Porto pero esta fin de semana as meirandes protestas déronse no CPI Cabo da Area de Laxe, que alza a voz depois da reunión do mércores 10 de setembro 2014 co Responsable do Servizo de Inspección Educativa de A Coruña.

A ANPA Cabo da Area quere facer o seu total “desacordo cos recortes no ensino público que están a afondar no seu desmantelamento, dificultando o acceso universal á educación, extremando a desigualdade de oportunidades e reducindo a calidade da escolarización obrigatoria”.

Aseguran que os recortes se traducen para este presente curso 2014-2015 no CPI na falta de 3 mestres: dun mestre/a titor/a para o curso de 4º de Primaria (27 [email protected]), outro mestre ou mestra de pedagoxía terapéutica e un mestre ou mestra de audición e linguaxe.

E valoran que “as consecuencias destes recortes recae nas nosas fillas e fillos debido a que se reduce o profesorado no centro educativo, ao abandono da atención á diversidade, descoido da atención ás necesidades educativas especiais, a un incremento da ratio do alumnado e substitucións de profesorado sen cubrir. Toda unha infinidade de carencias que reverten negativamente na prestación dun servizo esencial e imprescindíbel como é a educación pública”.

Recordan que xa “este grupo de mestres estivo desdobrado en duas aulas durante o curso 2013-2014”, e destacan que “no centro hai alumnado que presenta necesidades educativas especiais”.

Do pleno á Asemblea

O seguinte paso da ANPA foi trasladarlle ao Pleno da Corporación do Concello de Laxe unha solicitude para recabar o apoio do mesmo. E como non podía ser doutro xeito, o pleno tratou este asunto e Anpa e Profesorado obtiveron o apoio solicitado por unanimidade.

Así, próximo mércores, 17/09/2014, ás 20:00h da tarde a ANPA convoca ás familias do alumnado do Centro CEPI Cabo da Area a unha Asemblea Extraordinaria no Centro Social Valle Inclán do Concello de Laxe para tratar este tema e consensuar as medidas a adoptar ante esta situación de recorte constante no eido da Educación pública que merma e deteriora un dereito fundamental "a Educación", do que depende o futuro dunha sociedade e a prosperidade do país e atentan contra os dereitos dos nosos fillos e fillas e o seu futuro, como cidadáns de pleno dereito.

Solución a medias na Ponte do Porto

Xa levataran a voz dende o Centro, e o pasado luns 8 de setembro a Dirección do IES Pedra da Aguia acudía a Santiago de Compostela para reunirse co Subdirector de Recursos Humanos da Consellería de Educación para explicar a problemática e tratar de conseguir as prazas que se perdían.

Finalmente, tralas negociacións mantidas o martes 9 de setembro, o acordo adoptado foi a concesión da praza de Matemáticas a tempo completo e a de Orientación a tempo parcial. Dado que xa o curso pasado o alumnado requiría unha orientadora a diario e esta só estaba tres días, o Consello escolar do cdentro camariñán considera que “esta solución non é a mellor das posibles”. Non obstante, manifesta a súa “satisfacción por poder contar con horas suficientes para seguir atendendo as medidas de reforzo e apoio que xa se viñan desenvolvendo ata agora”.

Máis novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

comentarios