Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O goberno de Camariñas aproba o orzamento sen oposición

O goberno de Camariñas aproba o orzamento sen oposición

Este pasado venres o Concello de Camariñas aprobaba o orzamento municipal para 2017 nun pleno marcado polas ausencias. O BNG non acodía ao devandito pleno mentres que edís do PP decidiron abandonar a sesión nada mais iniciarse esta ao considerar que a presenza do rexedor no pleno o inhabilita para este ou calquera outro trámite. Unha situación estrana a de manter un alcalde imputado como Manuel Alonso, da que os propios socialistas culpan ao PP “que impediron a celebración do pleno no que se ía a debater a inhabilitación do Alcalde, hai xa dous meses”.

En todo caso, o orzamento deste 2017 ascende a 4.726.000 €, unha cantidade superior a do último orzamento aprobado (2015), pois levan dous anos con orzamento prorrogado.

Entre as notas destacadas auméntase o gasto en servizos sociais, no capitulo dedicado ao servizo de axuda no fogar.

Tamén aumenta o gasto no referente a partida dedicada ao legado de Man, contribuíndo así a un mellor funcionamento do museo, co-financiando obras de reparación na Casa de Man. Ademais aumenta tamén a partida destinada a promoción da Mostra do Encaixe.

Son de interes as consignacións na partida dedicada a redacción do Plan Parcial para o desenvolvemento do Polígono Industrial UDI A1 de Camariñas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios