O IES Pedra da Aguia recibe a visita da escritora Care Santos
07:07 09/03/16
A escritora catalá Care Santos visita o clube de lectura Arao. Imaxe: Gaby Gerster
O IES Pedra da Aguia, de Camariñas, recibe hoxe a vista da escritora catalá Care Santos. Aquí coñecerá o clube de Lectura Arao, formado polo alumnado do instituto, e ofrecerá dúas sesións (mañá e tarde) na que falará dos seus traballos máis recentes.
Esta visita enmárcarse dentro do programa "Encuentros literarios" do Ministerio de Educación. O obxectivo principal desta iniciativa é achegar os escritores e escritoras aos centros de educación secundaria.
Recemente os membros do clube de Lectores Arao tiveron oportunidade de coñecer a Ledicia Costas a través dunha vídeo conferencia.
Novas relacionadas
- O IES Pedra da Aguia participa nun torneo servido de polémica
- Estudantes do IES Pedra da Aguia participan nun curso de inmersión lingüística nos Peares
- O IES Pedra da Aguia participa no programa nacional de “Rutas científicas, artísticas e literarias”
- Redacción QPC ([email protected])
- IES Pedra da Aguia