O mal tempo obriga a aprazar o musical Keltia previsto dentro da Mostra do Encaixe
14:35 25/03/16
O concello de Camariñas reconceu o traballo da asociación de palilleiras Rendas
Estaba previsto que esta noite se presentase en Camariñas, como unha actividade paralela á Mostra do Encaixe, o musical Keltia máis a organización decidiu aprazar a cita para o 13 de agosto debido ás malas condicións metereolóxicas que se esperan para esta tarde-noite e que adiantaran en 4gotas.com. Aínda así a mostra continúa aberta hoxe durante todo o día e ata o domingo.
Centos de persoas visitaron onte o recinto feiral da Mostra do Encaixe sendo un "abarrote total" en varios momentos do día. As colas para asistir aos desfiles de recoñecidas firmas e dos deseñadores noveis foro a tónica dominante en todos os pases que, segundo indica a organización, foron os grandes atractivos da xornada de onte.
O encontro das encaixeiras tamén bateu marcas, xa que congregou a unha duascentas palilleiras chegadas dende diferentes puntos da comunidade. Ata alí desprazouse o equipo de gravación do filme Sicixia - que remata hoxe en fisterra a súa rodaxe na Costa da Morte - para recoller o tintineo dos palillos que resultou "complicado" debido á numerosa cantidade de xente que visitou a mostra.
Outro dos atractivos da xornada de onte foi o encontro de bloggers que reuniu a varios expertos do mundo da moda; Yolanda Álvarez, conocida como nosinmiyoli; Andy González, de yourfashionmoment.com; Fátima García Cebreiro, de fa-shionomy.com; Raquel Dosil, de mysweetpeque.com; e Raquel Gamallo, conocida como mividaentretelas, e o seu fotógrafo Mariano Cid.
Durante a xornada de onte tamén se presentou o Camiño dos Faros, que vén de poñer en marcha a súa 6ª edición. Sofía Agrafojo, socia da organización, e Manuel Alonso, alcalde de Camariñas, eloxiaron esta iniciativa polo seu traballo de divulgación sobre unha ruta de sendeirismo ata o de agora descoñecida.
Recoñecementos
O concello de Camarillas aproveitou este certame para agradecer o apoio das numerosas entidades e persoas que fan posible, ano tras ano, a celebración da Mostra do Encaixe. Así, recoñeceu cunha insginia de prata e un diploma o traballo da asociación de Palilleiras Rendas, que cumpren 25 anos de vida; Andrés Cerdeiras, de Industrias Cerdeimar; Luis Canosa, de Frigoríficos de Camariñas; e Stolt Sea Farm.
O mesmo recoñecemento foi para os alcaldes de Novedrate - Italia - e Peniche -Portugal -, localidades irmandadas con Camariñas; a artesana italiana Ernestina Marelli, que leva 25 años ininterrumpidos representando a Novedrate na Mostra do Encaixe de Camariñas, e a título póstumo, para o exalcalde de Novedrate Mauricio Barni, que faleceu recentemente. O concello entregará novos diplomas de recoñecemento a outras entidades e persoas que axudaron a poñer en valor o encaixe de Camariñas.
Novas relacionadas
- A Mostra do Encaixe abre as súas portas
- Camariñas pon en marcha a Mostra do Encaixe
- Oito blogueiros participan na XXVI Mostra do Encaixe de Camariñas
- Unha caramiña en forma de boneca é a mascota oficial da Mostra do Encaixe
- A Mostra do Encaixe expándese a Vigo
- Catorce países participan na Mostra do Encaixe coa estrea de Arxentina
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Camariñas presentouse en Madrid.
- O primeiro campamento náutico pola Mostra do Encaixe
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Camariñas defende a súa promoción virtual do mar.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
- Redacción QPC ([email protected])
- Mostra do Encaixe