Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Parlamento visita o Instituto

O Parlamento visita o Instituto
Deputados no IES Pedra da Aguia

No medio deste convulso inicio de curso, propostas coma estas son de agradecer. Así o entenden os alumnos do IES Pedra da Aguia de Camariñas que onte recibiron a visita dos ex-parlamentarios galegos Angel Mesa do PP e Xesús Veiga do BNG. A visita encádrase dentro dunha iniciativa do Parlamento de Galicia de achegar a institución aos escolares galegos no formato de charla-coloquio.

Alumnos de 3º da ESO escoitaron e participaron activamente durante hora e media dos temas relacionados coa vida parlamentaria, pero tamén de temas de actualidade. Trala proxección dun vídeo sobre o funcionamento do Parlamento os dous ex-deputados fixeron balance do seu paso pola institución, facendo fincapé en que os novos medios de comunicación de masas facilitan un maior achegamento dos cidadáns ás institucións públicas. Recoñeceron, así mesmo, o dano que os casos de corrupción están a facer na credibilidade dos políticos e mesmo suxeriron medidas a adoptar para intentar acabar con ela.

Na quenda de preguntas, os rapaces demostraron que non son alleos aos problemas que hai no conxunto do Estado e transmitiron as súas inquedanzas e mesmo a súa indignación en temas como os recortes, o paro e sobre todo, os múltiples casos de corrupción. Non obstante, non foron estas as únicas preguntas que fixeron, xa que tamén quixeron saber a opinión dos invitados en temas como se se podería contemplar en Galicia un escenario de independencia similar ao de Cataluña ou como pode afectar ao sistema político actual a irrupción de Podemos.

O IES pedra da Aguia foi un pequeno Parlamento Galego

Reunión da federación de ANPAs da Costa da Morte

Hoxe mércores 12 de novembro de 2014, a Casa da Cultura de Vimianzo acolle ás 20:00h unha reunión da Fedanpa cos seguintes puntos da orde do día:

  • Proposta de formación en NEAE con COGAMI.
  • Situación nos centros escolares da Costa da Morte (reunión mércores 12 de novembro na Xefatura Territorial da consellaría de educación).
  • Debate e aprobación, se procede, de acción social contra os recortes.
  • Integración de novas ANPAs (de Muxía e Ponteceso) na federación de ANPAs da Costa da Morte.
  • Proposta de convenio de colaboración con Aloumiños (formación en NEAE coa Universidade da Coruña e constitución da comisión NEAE na federación).
  • As ANPAs da Costa da Morte na Confederación de Anpas Galegas.

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios