Martes. 17.09.2024
El tiempo

O porto deportivo de Camariñas aumento as visitas nun 20%

O porto deportivo de Camariñas aumento as visitas nun 20%
Barcos-no-Porto-de-Camarinas

Van collendo protagonismo os portos deportivos da volta. Se a fin de semana o porto deportivo muxián estivo de promoción pola Bretaña, hoxe damos conta dos bos números de tránsito no porto camariñán. Foron 219 barcos os que pararon no peirao de Camariñas durante o mes de agosto, un 20% máis que no 2013,
Vai a ritmo de mellor marca o porto camariñán, pois o ano pasado xa liderou os tránsitos en Galicia.

Así mesmo, tamén na comarca de Costa da Morte, o porto deportivo de Muxía aumentou os seus tránsitos no balance interanual do mes de agosto ao pasar de 70 barcos en agosto de 2013 a 75 no mesmo mes este ano.

Deste xeito, a Costa da Morte confirma a consolidación desta actividade portuaria que experimentara xa o pasado ano un importante ascenso e que no que vai de verán está a manter os bos resultados. Polo que respecta ás procedencias das embarcacións en tránsito, maioritariamente foron estranxeiras, sobre todo británicas e francesas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios