O porto deportivo de Muros, entre os máis visitados de Galicia


A rede náutica internacional Passeport Escales impulsou durante os meses de xullo e agosto un total 240 pernoctacións nos portos deportivos xestionados pola Xunta de Galicia na Costa da Morte. Non son malas cifras, tendo en conta que en toda Galicia se rexistraban 711 pernoctacións nos 14 portos de titularidade autonómica (ademais dos 3 costeiros, son Ribadeo, Viveiro, Ares, Portosín, A Pobra, Cabo de Cruz (Boiro), Rianxo, Portonovo, Sanxenxo, Combarro (Poio) e Cangas).
O porto máis visitado da zona foi o de Muros, sendo ademais un dos máis visitados de Galicia, con 131 pernoctacións, moi preto do de Viveiro. Máis atrás quedan o de Muxía (57) e Camariñas (52).
En todo caso, a cifra de chegadas estranxeiras aos peiraos de Passeport Escales amosa o pulo que esta iniciativa aporta ás instalacións náuticas galegas ao incluír á nosa comunidade nas rutas de navegación no Arco Atlántico que promove. En concreto, a rede fomenta itinerarios entre Gran Bretaña, Francia e norte de España –Galicia e País Vasco- aportando facilidades e incentivos económicos para os navegantes á hora de recalar nos peiraos membros.
Novas relacionadas
- O Náutico de Camariñas únese á prestixiosa rede internacional de Portos Deportivos Passeport Escales.
- O Porto Deportivo de Muxía, presente no Salón Náutico de La Rochelle.
- O Porto Deportivo de Muxía recibiu 144 barcos nos seus 3 primeiros meses.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).