Xoves. 06.10.2022
El tiempo

O PP de Camariñas pide ao alcalde que dimita como Conde Roa

O PP de Camariñas pide ao alcalde que dimita como Conde Roa

Envía hoxe un recado o PP de Camariña ao alcalde Manuel Valeriano Alonso Pichurri, acosellándose seguir os pasos de Conde Roa, xa ex alcalde de Santiago que dimitiu polos seus problemas coa xustiza. Nese sentido, o PP camariñán "recomenda ao alcalde que sexa consecuente coas esixencias políticas do seu partido" e recordan que "o rexedor camariñán leva case un ano con contas pendentes coa Xustiza".

O voceiro local, Daniel Rego, sinala que "o alcalde segue involucrado nun delito de negociacións prohibidas aos funcionarios, tras haberse "autocontratado" como axente de seguros do Concello de Camariñas". Esta contratación fíxose, segundo o PP, "desoíndo as indicacións incluídas en varios informes de reparo emitidos polo interventor municipal e a favor dunha empresa, Pichurri S.L., da que o alcalde é único administrador".

Rego considera que "o PSOE está aplicando diferentes varas de medir: unha para os do seu partido e outra para os de fóra". "Conde Roia non tardou nin dúas semanas en dimitir. Manuel Valeriano Alonso de León leva case un ano con contas pendentes coa Xustiza por un delito gravísimo e ningún socialista mencionou a súa dimisión", recorda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Camariñas.

comentarios