Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Opcións para todas as idades para conmemorar o Día das Letras Galegas en Camariñas

letras galegas Camarinas 2023
Opcións para todas as idades para conmemorar o Día das Letras Galegas en Camariñas

O Concello de Camariñas celebra o Día das Letras Galegas 2023, que se dedica a Francisco Fernández del Riego, e que contén opcións para todas as idades.

O luns 15 de maio ás 16:30 horas na biblioteca municipal haberá un ‘Animalario fantástico’, dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e onde se creará un catálogo de animais divertido.

O martes 16 de maio hai dúas actividades na biblioteca: ás 11 ‘Leo as cores’, artes escénicas para bebes de 0 a 3 anos, e ás 17 horas unha ‘Sala de escape’ para nenos e nens de 9 a 13 anos, que deberán valerse da lingua e a cultura galega para resolver diferentes probas.

Por último, o propio mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, ás 12 horas Soraya Lema interpretará ‘Historia dunha nena namorada do mar’. Ese mesmo día entregaranse os premios do certame literario Letras Galegas 2023.

Máis info: Letras Galegas: Quen foi Francisco Fernández del Riego?

Comentarios