Sábado. 26.09.2020
El tiempo

Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica

Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica
reunion-dos-alcaldes-co-presidente-da-xunta-sobre-ferroatlantica Era un día importante o de onte. O Presidente da Xunta Alberto Núñez recibía aos alcaldes, que non aos membros do Comité de Empresa, de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Unha reunión importante despois de que o PP aprobase en solitario unha moción sobre o caso no Parlamento. Finalmente, tras áis de dúas horas de reunión, “os alcaldes quedamos relativamente satisfeitos”, explícanos José Manuel Pequeño . "Feijoo vai facer valer o derito concesional dos encoros. O presidente demostrou que entende a gravidade da situación, e confirmou que Ferroatlántica non presentou ningún documento solicitando a segregación para levar a cabo a venda, pero asegurou o compromiso de que se iso pasase estará do lado dos alcaldes e dos traballadores”, amosa un alcalde dumbriés que se amosaba confiado ao longo da semana. “Pero aínda así estaremos atentos e vixiantes”, recorda igualmente. Pequeño, recoñeceu que a empresa Ferroatlántica apenas mantén comunicación cos alcaldes implicados.

Que pensan os traballadores?

A Concentración de onte volveu ser moi apoiada polos veciños-Foto-Rafa Quintáns A Concentración de onte volveu ser moi apoiada polos veciños-Foto-Rafa Quintáns ”Algo máis cautos ante o optimismo dos alcades e as verbas do Presidente” amósanse os traballadores. Un Comité qu será recibido, de novo, polo Conselleiro de Industria, o luns ás 13:00h. O presidente explicoulles aos alcaldes que soenser os Conselleiros os que se ocupan destas reunións cos comités, en todo caso. Así, o luns pola tarde, á volta da reunión, analizarán a situación, e pensarán se manteñen o encerro. En todo caso valoran que está sendo a primeira batalla gañada gracias á mobilización social. Pero a guerra non rematou, como se diría en termos bélicos.  

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

comentarios