Os alumnos de Cee coñecen de preto a Costa dos mil naufraxios
Despois da visita de Xabier Díaz, a Fundación Fernando Blanco, no marco do programa “O Mes da Fundación, cambiou música galega por historia. Foi o investigador e escritor da Ponte do Porto, Rafael Lema, o que iniciou o martes cunha charla sobre naufraxios na Costa da Morte o ciclo de charlas para escolares. O autor foi presentado polo xerente da fundación, Dario Areas ante 150 persoas, alumnos do IES Fernando Blanco e do Agra Raíces (estes non apareceron) pero tamén xentes da volta con gañas de escoitalo, como o marino mercante David Trillo Gallego, que non dubidou en pedirlle ao autor que lle asinase o libro.
A conferencia tiña o epígrafe de “A costa dos mil naufraxios”. O autor, delegado da Real Liga Naval Española na Costa da Morte falou sobre as súas dúas últimas obras, “Catálogo de naufraxios” e “Costa da Morte un país de soños e naufraxios”.
Lema tratou sobre os naufraxios máis soados sucedidos na comarca dunha forma didáctica e divulgativa, aportando novidades e anécdotas. Fixo fincapé en dúas cousas: a Costa da Morte é á zona do mundo con máis naufraxios documentados, e tamén en que a lenda negra dos naufraxios provocados dende terra (por medios de farois colgados dos cornos dos bois ou por medio de fachos prendidos en promontorios) é falsa. “Non hai un só barco documentado cuxa causa do sinistro fose causada por accións de veciños da comarca desde terra, usando faroles, lumes ou calquera outro método, mentres que son numerosas as mostras de agradecimientos, condecoraciones e premios a veciños, cofradías e concellos de armadores e armadas de ducias de países”, indica.
Repasou tamén un bo número de anécdotas moi curiosas relacionadas cos naufraxios, eses sinistros marítimos que puxeron á comarca nos principais medios de comunicación europeos desde o Serpent ao Prestige, e a barcos soados por numerosas anécdotas que deixaron na memoria oral dos pobos entre Camelle e Fisterra.
O autor terá unha nova cita con este tema o 6 de novembro no Museo do Mar de Noia e o 12 de decembro e a Universidade de Oporto.
E de contos
Outro grande da cultura galega pasará por Cee a vindeira fin de semana. O sábado 18, ás 21 horas, no Salón de Actos do Concello de Cee, dentro do Programa “O Mes da Fundación”, outro grande dos escenarios da nosa terra: Cándido Pazó con Memorias dun Neno Labrego.Novas relacionadas
- Xabier Díaz trouxo o mellor da música galega a Cee.
- A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural.
- Rafael Lema comezou no Mosteiro de Ozón a súa promoción do novo Catálogo de Naufraxios.
- Rafael Lema e Concha Blanco, dos costeiros para un curso da USC en clave feminina.
- Ribeira toma nota dos naufraxios da Costa da Morte con Rafael Lema.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos.
- Un completo catálogo de naufraxios para a rexión costeira máis perigosa do mundo.
Novas relacionadas
- Mes da Fundación 2013: A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
- Mes da Fundación 2013: Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación.
- Mes da Fundación 2013: Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Mes da Fundación 2013: Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
Máis información
- Recunchos da Costa: O Edificio Fernando Blanco.
- QPC: Tesouros da Fundación.
- QPC: Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco:
- Patrimonio Galego: Edificio Fernando Blanco de Cee.
- http://www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).