Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os bloques do porto de Camelle esperan a calma

Os bloques do porto de Camelle esperan a calma
Visita institucional ao porto de Camelle

Do de Laxe non sabemos nada (nin sequera nos orzamentos de 2015). Pero do de Camelle, cando hai novidade, por pequena que sexa, nota ao canto. Xa sabemos que ten o surtidor listo, e hoxe sabemos que os 60 bloques de formigón que reforzarán o dique de Camelle xa están listos, esperando que calme o mar para a súa colocación.

Onte tocaba visita institucional para revisar a primeira fase das obras de reparación do dique de abrigo camellán, unha das zonas máis afectadas polos temporais do pasado inverno.

En concreto, ata o momento rematouse a fase de fabricación dos bloques de formigón cos que se reforzará o manto do dique nas zonas afectadas pola acción dos temporais. Deste xeito, os bloques están listos para a súa colocación por parte dunha grúa no momento en que as condicións de axitación do mar o permitan, dado que esta acción só pode ejecutarse co mar en calma por razóns de seguridade.

As obras, que deron comezo a finais do mes de outubro, consisten fundamentalmente no reforzo do manto principal. Para elo, colocaranse novos bloques de formigón de 55 toneladas na segunda e terceira aliñación do dique, e de 80 toneladas na zona do morro. A defensa interior de protección da terceira aliñación reforzarase con bloques de 20 toneladas e reparase o pavimento do inicio do dique ademáis de repoñer as varandas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios