Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os empresarios de Camariñas organizan, un ano máis, a feira solidaria

Os empresarios de Camariñas organizan, un ano máis, a feira solidaria
Os vindeiros 15, 16 e 17 agosto terá lugar en Camariñas a Feira Solidaria, tal e como se ven celebrando nos últimos anos. O encontro, organizado pola Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, terá lugar no pavillón deportivo da vila. Os comercios que estén interesados en participar deben inscribirse enviando un correo electrónico a [email protected] ou chamando ós teléfonos 647.398.023 / 647.608.158. O custe por cada stand é de 60€ polos tres días e gratis para os socios. O 10% de todas as ventas realizadas destinaráse como donativo a unha entidade benéfica.

Comentarios