Os voluntarios guiarán unha Mostra do Encaixe Solidaria


Xa coñecemos que este ano 2012, a XXII Mostra do Encaixe está adicada á Marea Branca, aos voluntarios do Prestige. O convenio asinado entre a Mostra do Encaixe e a campaña Galicia en color‐ Rede de reencontros 10 anos despois fará que os voluntarios cobren un protagonismo especial, tendo como día sinalado o Xoves Santo. Un 5 de abril no que terá lugar o Encontro de Voluntarios, cunha xornada completa con recepción, agradecemento e charlas.
Un dos que participará nesas mesas redondas será o artista galego Antón Sobral. Sobral asegura que "o voluntariado pode ser un faro en momentos de catástrofe económica". É un artista preocupado polo mar considerado a se mesmo coma “un mariñeiro en terra, creador de illas máxicas e inexistentes”. Na súa intervención en Camariñas, Sobral insistirá na importancia artística de Man, do estado actual da súa obra e do seu valor para Galicia. “Hoxe fai falta nesta crise de valores persoaxes auténticos como Man, para decatarnos da súa propia importancia” asegura ademais que “A Costa da Morte é unha paisaxe das máis fermosas de Europa, pero o mar que o pode todo, xunto coa Marea Branca limpou a zona superficialmente, aínda quedan restos agochados e entre todos debemos facer visible este maravilloso espazo como corresponde polo seu potencial turístico – cultural”.
Na mesa redonda do encontro tamén estarán o presidente da Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, Federico de la Fuente Ortíz; o presidente da Asociación de Armadores de Artes Menores de Galicia (Asoar –Armega), Luís Rodríguez; o presidente da Asociación de Reporteiros Galegos Solidarios (Agareso), Juan de Sola, e representantes de entidades ecolóxicas. A moderación do foro correrá a cargo do xornalista Jesús Trillo.
Durante a Mostra distribuiranse máis de 700 lazos de cores feitos de Encaixe de Camariñas, dos cales 200 son regalados polas palilleiras locais, para que o recadado na súa venta se destine á construción de un monumento á Marea Branca. “Pasaron dez anos do accidente marítimo que tinguiu as nosas praias de negro e consideramos de xustiza agradecerlles aos voluntarios e voluntarias todo o seu esforzo por devolver á vida os nosos areais”, explica a concelleira delegada da Mostra do Encaixe de Camariñas, Sandra Insua.
Rutas polas praias
Despois da mesa redonda, os asistentes poderán desfrutar de un desfile, e visitar a sala do voluntariado onde haberá material inédito de Man e a exposición fotográfica de reporteira Ana García.
Despois da visita pola exposición, repartirase un picnic aos voluntarios que posteriormente realizarán unha ruta guiada polas praias onde estivo presente o voluntariado.
A xornada rematará ao redor das 19:00 horas na Mostra do Encaixe de Camariñas, una nova edición que significará, segundo Sandra Insua, que “Camariñas é voluntariado é un encaixe perfecto” Aínda continúa aberto o período de inscrición que pode realizarse enviando un correo a: info@galiciaencolor.es.
Novas relacionadas
- Os voluntarios vestiranse con monos brancos e de encaixe.
- Os pequenos e o balonmán tamén terán o seu protagonismo na Mostra do Encaixe.
- A Semana Santa de Camariñas tamén terá troula.
- A Mostra do Encaixe contará con 14 delegacións internacionais.
- En marcha a XXII Mostra de Encaixe de Camariñas.
Máis novas relacionadas
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- Mostra 2010: Alberto Neves gañou o Concurso de Deseñadores Noveis.
- Mostra 2010: A cara máis sensual do encaixe.
- Relatos da Costa, Un século máxico: Hoxe: Encaixe (Camariñas, 1.999).
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).