Venres. 26.04.2024
El tiempo

Pais e nais do IES Pedra da Aguia participan nunha xornada de prevención da drogadicción

Pais e nais do IES Pedra da Aguia participan nunha xornada de prevención da drogadicción
Interesantísima e fundamental a charla informativa que recibiron o pasado venres ducias de familiares dos alumnos do IES Plurilingüe Pedra da Aguia da Ponte do Porto. Concello de Camariñas, Garda Civil e o Equipo Directivo do IES (Adela, Jacobo e Mariví), xuntáronse para tratar un tema tan delicado como o tratamento da prevención do consumo de drogas. O obxectivo da reunión foi facer moito fincapé na Prevención, facer algo antes de que pase porque despois as cousas poden complicarse demasiado. Por iso as familias xunto coa escola son un pilar moi importante para abordar o tratamento desta temática tan presente na nosa sociedade. O IES aproveitará os recursos que aportan Concello e Garda Civil àra desenvolver diferentes talleres cos alumnos, e para servir de enlace coas familias, para que “entre todos/as poidamos loitar contra esta lacra que está contaminando a nosa xuventude”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios