Pechado o mini criadoiro de ameixa de Camariñas
Informa hoxe o goberno socialista de Camariñas que a Xunta vén de pechar o mini criadoiro de ameixa que hai instalado no muelle de Camariñas. Dende o pasado 28 de decembro, os 6 traballadores que estaban traballando alí xa non acoden ao mini criadoiro.
Para o goberno do PSOE camariñán "esta decisión conleva a enviar ó paro a 6 persoas, desprover de ameixa para sembrar ás confrarías de Galicia e deixar enriba do muelle de Camariñas unhas instalacións que costaron preto dos 400.000 euros".
I é que o criadoiro proporcionaba 8 millóns de ameixas de 12 mm para sembrar. Ameixas que se repartían a tódalas confrarías de Galicia.
Ademais, o centro acollía visitas escolares ben interesantes para os cativos camariñáns, como a que viviron os alumnos da Ponte do Porto nesta visita que vemos no ano 2007.
Así e todo, parece que "a planta non debía ser rentable cando a Xunta decidíu que non había cartos para continuar con estas instalacións", protestan.
Novas relacionadas
- 815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte.
- Os mariñeiros fanse empresarios en Camariñas para dinamizar o mar.
- O mar chega á biblioteca escolar.
- 15-12-11: Novos operativos contra o furtivismo en Camariñas, Corme e Laxe.
- Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada.
- O Monte da Vela de Camariñas non se mancomuna.
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Camariñas.