Ponte do Porto camiña pola Ataxia

O paseo fluvial da Ponte do Porto será o próximo domingo, 25 de setembro, o punto de saída e de chegada dunha camiñata solidaria pola Ataxia, coincidindo precisamente o día internacional da Ataxia.
O fin desta campaña é apoiar a investigación do Dr. Antoni Mantilla en tratamentos terapéuticos efectivos para curar esta enfermidade, cunha variante específica na Costa da Morte. A inscrición ten un custo de 5€ (que se poden realizar a través da seguinte ligazón https://www.inscribirme.com/
O roteiro comeza e remata no paseo fluvial da Ponte do Porto e ten un trazado circular de catro quilómetros aproximadamente pola ruta dos Muíños. Unha vez rematada a camiñata haberá pinchos e bebidas gratis, a actuación dun dúo musical e inchables para a rapazada. Ademáis, cada participante levará unha camiseta de regalo cun orixinal regalo.