Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Pontón acusa en Cee a Villar de Mir de facer de "xefe colonial"

Pontón acusa en Cee a Villar de Mir de facer de "xefe colonial"
mini-ana-ponton-e-serxio-dominguez

Visita costeira da voceira do BNG Ana Pontón. Unha visita que serviu para tratar de preto o asunto de Ferroatlántica, e as carencias da Costa da Morte, pero que serviu tamén para reflexionar sobre o estado de saúde do nacionalismo. Á cita ceense acodiron numerosos representantes do BNG da comarca, e tamén parece que para algúns o “efecto Pontón” serviu de imán para ver como pode cambiar o panorama político galego.

visita-de-ana-ponton-a-cee

A cita na Casa da Cutura deuse despois de participar na primeira das 3 novas concentracións convocadas polo Comité de Empresa de Ferroatlántica, co ollo posto na empresa. Pontón, acompañada na mesa polo voceiro ceense e da bisbarra Serxio Domínguez, así como por Xosé Luís Rivas, “Mini”, tildou de chantaxe que Ferroatlántica vincule a venda das minicentrais a investimentos dun supost plan industrial e lle mandou un recado ao señor Villar Mir claro: “Non pode facer de xefe colonial de Galiza”.

Nese sentido o BNG concorda co cadro de persoal e coa sentir maioritario da Comarca da Costa da Morte: “Vender os saltos hidroeléctricos e desvinculalos da produción de ferroaleacións suporá o peche das plantas de Cee e Dumbria e a perda de 400 postos de traballo”.

Pontón tamén foi moi crítica co “silencio cómplice” do presidente da Xunta ao que pediu “que non rompa a unidade social e política sobre este asunto”. E nesa liña pídelle que faga valer a Lei. “A Lei é clara e di que as centrais foron construídas precisamente para crear e garantir e emprego na Comarca”, alegou Pontón, “e se hai unha débeda con Galiza é a que ten o señor Villar Mir que leva feito moita caixa explotando os recursos naturais deste país e agora nos di que ou especula ou nos chantaxea con non desenvolver un proxecto industrial na Costa da Morte. Non imos permitir que se xogue co futuro económico desta comarca e para iso non se poden nin segregar, nin vender as minicentrais do Xallas”, concluíu.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG.
  • Fotos de Rafa Quintáns.

Comentarios