Martes. 23.04.2024
El tiempo

O PP de Camariñas tamén critica a necesidade de pedir un crédito para pagar aos proveedores

Casa do Concello de Camarinas
O PP de Camariñas tamén critica a necesidade de pedir un crédito para pagar aos proveedores

Como fixo BNG a semana pasada, esta é o PP de Camariñas o que critica a situación ecómica municipal. A candidata dos populares á alcaldía, Paula Mouzo Mas, critica que o Goberno Local bote man dun crédito para afrontar o pago de máis dun millón de euros a provedores, e considera que esta decisión confirma a “nefasta xestión económica” levada a cabo en todos estes anos

“Todos sabemos que este tipo de préstamos acábanos pagando os veciños a base de máis impostos”, apuntou a popular, quen incidiu no feito de que a débeda do Concello de Camariñas supera os 2 millóns de euros.
“Creo que o executivo municipal ten moitas explicacións que dar. Coa aprobación deste crédito tenta tapar as súas vergoñas, tentan enganar á xente vendendo un pago que o único que representa e a falta total de xestión local”, dixo Mouzo

Comentarios