Venres. 19.04.2024
El tiempo

PX pedirá información sobre o parque eólico da Ruña pola afección ao Camiño de Santiago

PX pedirá información sobre o parque eólico da Ruña pola afección ao Camiño de Santiago

Xa o denunciaba ADEGA o pasado mes; i é que serán 3 os novos parques eólicos que circunden o Monte Pindo. Hoxe é o grupo ecoloxista PX da Ponte do Porto quen pregunta por un dos 3, o Parque da Ruña II, situado entre Dumbría e Mazaricos a menos de 2km do Camiño de de Santiago; e a 1 km da Devesa do Anllares..

PX afirma que solicitará información sobre o parque, precisamente por considerar que "afecta a unha tramo do Camiño de Santiago". Desde o grupo esperan que polas normas correctoras e a lei de carácter xeral antes do inicio da obra "se obriguen aos promotores a que rectifiquen o proxecto presentado e aparten os muíños de vento do camiño xacobeo".

Aínda que este parque afecta a varias especies ameazadas, "son en xeral alegacións que nunca se teñen en conta neste tipo de obras xa que se trata de xeito xenérico de flora moi presente e estendida non país como toxos, queiroas e breixos".

Outras peticións

Mámoas no Allo

PX tamén pregunta pola mámoa localizada no polígono industrial do Allo en Zas onde se pretende implantar a ITV. O grupo pide que se protexa a contorna destes restos e, por prevención, e proceda a unha visita por técnicos de Patrimonio, aínda que cren que actualmente xa pouco queda do túmulo, tras efectuar membros do grupo unha visita ao mesmo o luns.

Polígono da Ponte do Porto

Ademais, o grupo "non realizará alegacións no período de tramitación do polígono industrial de Ponte do Porto ao entender que o plan sectorial presentado é respectuoso e non afecta aos elementos que precisan protección".

PX indica que "o parque dedica unha ampla superficie a uso dotacional e á separación dos cursos de auga da súa contorna, ou que a súa localización na ladeira do monte Pena da Aiga evita tamén un excesivo impacto visual". Por outra banda desde o PX destacan a existencia de varias mámoas na zona "coñecidas desde fai dez anos e catalogadas por Patrimonio, como as dúas de Cruz dá Carballa, que serven de divisoras co Concello de Vimianzo, pero moi alonxadas dá área de intervencion. Lestes túmulos xa foron citados nun documento catastral de 1931 do que temos copia". Tamén citan que "hai máis túmulos non contorna, na zona de Pedra Moura, pero a maior distancia que as anteriores" e critican que "nin non plan xeral de Camariñas nin en inventarios coñecidos se dén conta destas mámoas, descoñecidas para vos veciños, pero en bo estado".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Grupo PX da man de Rafael Lema.

Comentarios