Recuperan o antigo lavadoiro de Portocelo, no Camiño dos Faros,

En pleno Camiño dos Faros, os trasn@s poderán facer unha nova parada para o desfrute do litoral no antigo lavadoiro de Portocelo, recuperado e convertido nunha ocio de lecer. Un pequeno estanque, unhas mesas e bancos a modo de merendeiro agroman agora onde antes só o facían as silveiras. e os toxos.
A actuación, financiada con fondos municipais, levouse a cabo na zona do río onde antigamente lavaban a roupa as mulleres da zona do Campo de Camariñas e que se atopaba totalmente cuberta por silvas e outro tipo de vexetación que impedía ter unha visión directa do río.
A idea é seguir recuperando “estes recunchos con encanto similares a este por todo o municipio”, sinala a alcaldesa Sandra Insua.
Traballos na Ponte
Ademais, o Concello anunciou o remate dos traballos de reurbanización da rúa Insua, na Ponte do Porto, e nos Mollados, en Xaviña. A actuación, valorada en 41.000 euros, serviu para pavimentar a zona, renovar e ampliar a rede de saneamento e instalar unha paralela de pluviais.
Para que a actuación se complete restan por executar os últimos detalles: adecuación de tapas, arquetas, etc.
Traballos nos Mollados
Anuncia tamén o consistorio o remate das obras de renovación do camiño nos Mollados, en Xaviña, que serviron tamén para dotar de saneamento e recollida de pluviais á zona. A actuación, valorada en 50.076,55 euros.