Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Requisados máis de 100 kilos de centola e lubrigante en Camariñas

comisos centola Camarinas 2
Requisados máis de 100 kilos de centola e lubrigante en Camariñas

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron esta semana nun operativo desenvolvido en varios puntos da contorna de Camariñas máis de 100 quilos de centola, lumbrigante e nécora que foran extraídos de xeito irregular. Nos controis realizados nos pantaláns de Santa Mariña, Arou, Camelle e Camariñas os efectivos do ente autonómico localizaron arredor de 78 quilos de centola, 22 de nécora e preto de 10 de lumbrigante que estaban fondeados en cinco salabardos sen identificar, polo que tampouco se identificou a ningunha persoa como responsable da súa captura.

No caso da nécora e do lumbrigante, trátase de especies que nestes momentos se atopan en veda mentres que os exemplares de centola, así como os de lumbrigante, eran todos femias e estaban ovados, o que supón un incumprimento da Lei de Pesca de Galicia, que establece que a captura de especies ovadas ou de talle ou peso inferior ao establecido non está permitida.

As especies comisadas estaban vivas, polo que os axentes procederon a devolvelas ao seu hábitat natural mediante unha solta en mar aberto.

Ante casos coma este, a Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de produtos do mar extraídos e comercializados de xeito irregular pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.

Accións contra o furtivismo en corentena

Comentarios