Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Roteiros homologados na Costa da Morte?

Roteiros homologados na Costa da Morte?

Afrontamos hoxe unha disxuntiva importante para o desenvolvemento turístico da Costa da Morte. Xa sabemos que a virxindade da nosa natureza é o meirande reclamo turístico da zona. E o sendeirismo é unhas demandas máis realizadas polos nosos visistantes. Así o refrenda o éxito do Camiño a Fisterra e Muxía, un dos tesouros patrimoniais, e económicos, da bisbarra.

Pero aquí surxe a pregunta: Compensa crear rotas homologadas de sendeirismo?

A priori, consideraríamos que estas rotas baixo o paraugas do "PR" serían moi positivas para os concellos e para a bisbarra. O feito de aparecer en folletos internacionais, e páxinas de relevancia de sendeirismo e montañismo de todo o mundo suporía situarnos no panorama do turismo de natureza europeo. Pero a cousa non parece tan sinxelo.

Na Costa da Morte temos ata 4 rutas recollidas coa catalogación PR: 2 en Laxe, unha en Camariñas e unha en Carballo. Están creando riqueza na zona?

Non podemos negar que o sendeiro PRG-38 por Camariñas é un dos puntos turísticos máis importantes e bonitos da Costa da Morte. A PR-G142 Rota das Férvedas tamén nos leva por lugares impresionantes de Carballo, mentres que as rutas laxenses PR-G70 Sendeiro Laxe-Punta Ínsua e PR-G114 Sendeiro Laxe-Traba, son tamén espectaculares. Pero o custe da súa homologación é vista polos Concellos como un escollo infranqueable.

Así e todo, fontes achegadas aos Concellos afirman que "malia que as taxas non son tan altas, a homologación afecta a moitas cousas: Primeiro hai que ter o sendeiro desbrozado e limpo; segundo sinalizado, con paneis informativos, folletos explicativos; terceiro, hai que contratar un profesional para que cartografíe e describa correctamente o sendeiro; cuarto, hai que pagar as taxas á Federación Galega de Montañismo. Senón chegan a 20.000 euros pouco menos pode ser".
Así, destacan que "supón un gran esforzo tanto económico como humano. Está o alcalde disposto a homologar rotas? Vale a pena?" Parece que son preguntas un pouco difíciles de contestar.

De feito Laxe ten dúas rotas homologadas, como vemos, conseguidas no 2007 e no 2008. E no seu Libro de senderismo conta con outras 4 rutas descargables. Por iso tamén destacan que se un Concello quere promocionar as súas rutas, malia que non estean homologadas, si se poden amosar. O caso é traballalo dende os Concellos, facelas chegar a todos os establecementos turísticos da zona en folletos, darlle información aos hosteleiros sobre como descargalas rotas da web municipal, sinalizalas... mantelas vivas ao fin e ao cabo, que tamén leva o seu custe.

Ademais, "os turistas se piden rotas de senderismo pero dalles igual que estean homologadas ou non. Os turistas necesitan sendeiros para camiñar e estar en contacto coa natureza pero dalles igual se están homologados ou non", destacan fontes achegadas aos concellos da zona.

De títulos

O mesmo debate poderíase levar á Q de Calidade, a Bandeira Azul ou o distintivo de Concello Turístico Galego. Realmente traen estes "títulos" máis turistas? Se ben habería que facer un estudio máis pormenorizado, analizando a xente que acode ás praias antes e despois de ter o distintivo de calidade, nos Concellos que as acollen non notaron nos últimos anos un incremento destacable. Ademais, os criterios para outorgalas parecen, cando menos, discutibles.

En cada Concello

A clave pois, está no traballo municipal. Unha vez que seguimos comprobando que a promoción a nivel comarcal deixa moito que desexar, con imaxes separadas, actuacións en foros repetitivos, falta de accións concretas, e moito malgasto, son os concellos o que deben dar o paso de dinamizar o seu potencial turistico.

Máis alá de distintivos ou títulos, depende de como o propio concello coide o sector. Poucos concellos teñen un Concelleiros de Turismo, algo inaudito, e poucos teñen un técnico especializado, cando é o sector turístico un dos nosos principais factores, aínda que nunca debe ser o único.

Rutas PGR na Costa

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios