Vernes. 19.04.2019
El tiempo

Sandra Insua, escollida polos militantes para chegar aos 40 anos de goberno socialista en Camariñas

Sandra Insua, escollida polos militantes para chegar aos 40 anos de goberno socialista en Camariñas

Estra fin de semana, o 90% dos militantes do PSOE en Camariñas ratificaban a Sandra Insua como candidata a revalidar a alcaldía nas eleccións de maio. 4 meses e medio despois da súa investidura trala dimisión de Pichurri, Insua bucará “revalidar a maioría absoluta do PSOE no Concello, continuando os mandatos socialistas ata sumar os 40 anos de apoio do pobo camariñán”.

A actual alcaldesa confesouse “moi ilusionada” por afrontar as súas primeiras eleccións como candidata do Partido Socialista. “Teño moitas ganas de seguir traballando polo avance de Camariñas”, manifestou.

Adiantou que as súas liñas será seguir loitando por completar a fachada marítima, cun paseo marítimo desde Area da Vila ata a Carnicería (despois dun novo desplante de Portos, por continuar coa mellora dos camiños, e por ampliar o saneamento no territorio. O emprego será outra prioridade.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/sandra-insua-e-a-nova-alcaldesa-de-camarinas/

Comentarios